|
Breves Vindeira - Semana 10, Ano 2013 |
|
Venres, 08 Marzo 2013 11:21 |
A Consellería de Economía e Industria deseña a Estrategia de Especialización Intelixente para Galicia-RIS3
A Unión Europea recomenda ás rexións adoptar estratexias de especialización intelixente coma vía para reforzar a competitividade global e xerar emprego de calidade concentrando os esforzos, recursos e capacidades públicas e privadas en actividades económicas prioritarias que son elexidas en función da masa crítica e as vantaxes diferenciais específicas da rexión no contexto internacional.
A Axencia Gallega de Innovación coordinará o proceso de elaboración da citada estratexia e canalizará a participación dos axentes do sistema galego de I+D+i. A Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia-RIS3 será presentada a mediados de ano ante a Unión Europea.
Máis información sobre RIS3
|
|
Ler máis...
|
|
|
I Taller do Programa FEDER-INNTERCONECTA II |
|
Luns, 04 Marzo 2013 13:36 |
|
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) informa da celebración do I Taller do Programa FEDER-INNTERCONECTA II, que terá lugar o martes 5 de marzo ás 12:30h nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG, Rúa Airas Nunes s/n Conxo - Santiago de Compostela) e que contará coa participación de representantes do Centro de Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).
Durante este taller de preparación de propostas presentaranse as principais características da convocatoria, dando oportunidade aos asistentes de resolver as súas dúbidas. Debido ao aforo limitado é preciso confirmar asistencia a través do formulario creado a tal efecto. |
|
Breves Vindeira - Semana 8, Ano 2013 |
|
Venres, 22 Febreiro 2013 10:35 |
Programa FEDER-INNTERCONECTA Galicia 2013
Hoxe venres 22 de febreiro publicouse no BOE a convocatoria do Programa FEDER-INNTERCONECTA 2013 para Galicia. Este programa está dirixido ao financiamento de grandes proxectos integrados de desenvolvemento experimental, de carácter estratéxico, gran dimensión e que teñan coma obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías novedosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, supoñendo ao mesmo teempo un avance tecnolóxico e industrial relevante para Galicia.
Entre as principais características que deben cumplir os proxectos atópanse:
- Poderán abordar cualquera área temática sempre que teñan un elevado nivel tecnolóxico, aporten un alto valor engadido aos participantes e estimulen a creación de emprego cualificado; as TIC considéranse área temática relevante
- Presuposto mínimo financiable de 1.500.000€
- Participación relevante de, alomenos, un organismo de investigación baixo a modalidade de subcontratación; a participación dos organismos de investigación no seu conxunto deberá ser significativa, cun mínimo do 15% do total do presuposto financiable
- Proxectos e actuaciónes plurianuais, sempre que parte do proxecto ou actuación se realice no ano 2013 e se solicite a axuda para dito ano
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 23 de febreiro ata o 4 de abril de 2013, ás 12:00 horas do mediodía, hora peninsular.
Podedes consultar máis características do programa na publicación da convocatoria no BOE.
I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil - 20, 21 y 22 de marzo en el CDTIC
A Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia (AMTEGA), a través do Centro Demostrador TIC (CDTIC), porá en marcha unha nova iniciativa orientada ao sector TIC, as Semanas TIC Sectoriais, co obxectivo de ofrecer un punto de encontro entre os axentes de innovación, empresas do sector TIC e empresas doutros sectores de actividade. Deste modo, a iniciativa lanzarase os vindeiros días 20, 21 e 22 de marzo coa "I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil", que se celebrará nas instalacións do CDTIC de Santiago de Compostela.
Por todo esto, a AMTEGA solicita a colaboración das entidades interesadas para completar o "Catálogo de Provedores e Solucións Tecnolóxicas para o Téxtil", a través do MapaTIC.gal, co obxetivo de identificar solucións tecnolóxicas innovadoras que se están desenvolvendo en Galicia nestos momentos para o sector textíl. Para poder confeccionar dito catálogo é preciso que as entidades interesadas acedan, se xa están rexistrados, ou creen o seu perfil do MapaTIC.gal e actualicen ou introduzan proxectos tecnolóxicos específicos para o Textil antes do vindeiro martes 26 de febreiro. Dito catálogo será presentado o vindeiro 20 de marzo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|