|
A Plataforma Tecnolóxica das TIC en Galicia nace cun obxectivo prioritario:
Fomentar e producir sinergias entre os axentes galegos interesados nas Tecnoloxías da Información e das comunicacións, para participar na planificación da investigación e o desenvolvemento na industria TIC na Comunidade Autónoma de Galicia e, posicionala como líder en sectores estratéxicos..
Para poder alcanzar este obxectivo a longo prazo, é necesario realizar e alcanzar unha serie de obxectivos primarios, como son:
- Crear e articular o foro de axentes galegos interesados no I+D+I en TIC e darlle unha continuidade no futuro.
- Obter unha Visión estratéxica sobre o sector a medio e longo prazo, aproveitando as sinerxias e a xestión do coñecemento existente en Galicia.
- Acordar unha Axenda Estratéxica de Investigación (AEI) onde se marquen as liñas fundamentais de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
- Mobilizar os recursos financeiros públicos e privados adecuados para a consecución dos desafíos marcados na AEI, tanto a nivel rexional como nacional e internacional.
- Acordar un proxecto financeiro que permita a sostibilidade da plataforma máis aló do período da subvención solicitada.
- Fomentar a internacionalización do I+D+I galego en TIC a través da participación activa noutras plataformas tecnolóxicas nacionais e europeas así como o incremento na participación en proxectos europeos de I+D
|