No marco da acción estratéxica Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT), que ten por obxectivo fomentar a transferencia de coñecmentos entre os organismos de I+D e as empresas, Vindeira organiza, en colaboración coas Plataformas ENVITE e LOXISGA, a xornada "A ECO-NOMÍA INTELIXENTE: Smart and Green Economy" que terá lugar o vindeiro martes 24 de xullo na Sede do FEUGA (Santiago).
No evento daranse a coñecer os programas de financiamento para proxectos de I+D cercanos ao mercado do CDTI, así como os programas comunitarios para proxectos TIC con aplicacións no medio ambiente, a enerxía intelixente e o transporte sostible. Como complemento a estas presentacións terá lugar un panel no que se presentarán diferentes casos de éxito de proxectos relacionados coas Smart and Green Cities.
Esta xornada ten coma principal obxectivo promover proxectos colaborativos polo que as entidades de I+D pertencentes ás Plataformas poderán presentar as súas capacidades de I+D así coma a súa oferta tecnolóxica no eido das Smart and Green Economy, e máis concretamente, as Smart Cities (mobilidade sostible, eficiencia enerxética, TIC aplicadas a medioambiente, etc.). Asimesmo, as empresas poderán presentar a súa demanda tecnolóxica neste sentido.
Ademáis, durante a xornada, as entidades que así o desexen poderán manter unha reunión bilateral cos técnicos do CDTI para presentarlles posibles ideas de proxecto. Os interesados nesta opción deberán remitir á Secretaría Técnica de VINDEIRA o formulario de proxecto que pode encontrarse na zona de descargas desta web antes do venres 20 de xullo.
Por último, na zona de descargas poderéis encontrar o programa completo da xornada así coma o boletín de inscrición.








